top of page
iXa2.jpg

Xián
Martínez

52-BLAU

Residencia artística no MIHL do 30 de outubro ao 8 de novembro de 2025.
Mostra aberta: 7 de novembro de 2025 no Museo MIHL.

52-BLAU é o intento de sobrevivir a un naufraxio na inmensidade dun espazo infinito. Un lugar onde o individuo afoga no baleiro dun océano cheo de estímulos, xente e información. Case unha oda á adaptación a unha tormenta, un corpo que se atopa coa soidade e tenta saír a flote.
Esta obra habita a tristeza nun contexto onde os corpos son incapaces de comunicarse. Unha mirada que, baixo a auga, só consegue observar o azul intenso do ceo, do mar e do infinito. Unha balea.

bottom of page