top of page

¡atopémonos
bailando!
-

Atopémonos Bailando é o programa de residencias artísticas e de investigación
coorganizado pola compañía de danza Colectivo Glovo e a Concellería de Cultura,
Turismo e Lingua do Concello de Lugo, co apoio da Xunta de Galicia a través da
Agadic, dirixido a creadoras de danza e artes do movemento de Galicia, o resto de
España, Portugal e Costa Rica que se realizan no Museo MIHL da cidade de Lugo.

 

Desde 2023 forman parte como colaboradores do programa cinco institucións artísticas que posibilitan o intercambio entre España, Portugal e Costa Rica: teatromosca de Portugal: AMAS - AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA, Teatro Experimental Flaviense de Portugal: CINE-TEATRO BENTO MARTINS, 32.ª Quinzena de Dança de Almada de Portugal: INTERNATIONAL DANCE FESTIVAL, Sede SóLODOS Costa Rica e Taller Nacional de Danza de Costa Rica, froito do interese en crear redes transfronteirizas con outras entidades e ampliar o alcance do programa.

RESIDENCIAS ARTÍSTICAS E DE INVESTIGACIÓN

Obxectivos de programa
-

  • Promover e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de
    compañías galegas, nacionais e internacionais, proporcionando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás
    mulleres creadoras de Galicia.

  • Difundir e achegar á cidadanía os procesos de creación en danza e artes do
    movemento a través da apertura dos procesos nunha programación diversa,
    internacional, comprometida e libre.

  • Crear un espazo de formación e práctica en danza e artes do movemento mediante a realización de obradoiros especializados para o público xeral e/ou profesional.

  • Xerar colaboración e traballo en rede de axentes profesionais nacionais e
    internacionais mediante o intercambio de artistas e información da empresa.

HOME_1.jpg

bases - FORMULARIO - resolución

CONVOCATORIA
PECHADA
-

HOME_2.jpg

about
us
-

A compañía de danza Colectivo Glovo formada por Esther Latorre (Galicia) e Hugo Pereira (Porto) é a xestora do programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando.
 

Con sede en Galicia, traballan na creación da escena tanto para teatro, rúa e espazo non convencional, así como xestores culturais, xa que un dos seus principais obxectivos como compañía é aumentar o alcance das dinámica do corpo e xerar redes entre artistas, entidades e cidadáns.

bottom of page