
Tania González
–
STILLING /SOBRE EL BAILAR COMO DESCANSO/
Residencia artística no MIHL do 2 ao 13 de xullo de 2025.
Mostra aberta: 12 de xullo de 2025 no Museo MIHL.
Esta proposta xorde no marco dunha extensa investigación sobre o corpo exhausto como suxeito danzante. STILLING non implica unha negación do movemento nin unha renuncia a seguir bailando, senón unha celebración da danza como potencialidade.
Situada entre a contemplación e a acción, a práctica confronta a hiperaceleración e a hiperactividade das sociedades actuais e visibiliza a nosa vulnerabilidade como corpos sentintes. Un traballo ligado á traxectoria vital da artista e ás súas experiencias de
esgotamento extremo.
Unha rebelión sensible contra o imperativo de ser sempre útiles e produtivas. Unha reivindicación encarnada do bailar como descanso. Nesta ocasión, Tania González, acompañada pola música e compositora Sara Muñiz, explorará a práctica de STILLING como dispositivo escénico a través dun diálogo afectivo co MIHL.




