
OIHANA
VESGA
–
ATXIMUR
Residencia artística no MIHL do 19 ao 26 de novembro de 2025.
Mostra: 25 de novembro de 2025 no MIHL.
COMPAÑÍA SELECCIONADA PARA O INTERCAMBIO LUGO-DONOSTIA (AIDEKO)
ATXIMUR é un dúo de danza contemporánea e música en directo para rúa e espazos non convencionais. É o encontro entre a bailarina e creadora Oihana Vesga e a artista de música electrónica experimental e compositora RRUCCULLA - Izaskun González.
O traballo afonda na exploración do ritmo como lugar de confluencia. A través do corpo e do son, as intérpretes investigan patróns rítmicos que estruturam a coreografía e o campo sonoro da peza. Danza e música dialogan, e a través do ritmo establécese un territorio compartido entre as intérpretes e o público.
O traballo convida a experimentar o ritmo máis alá da métrica, como un espazo de resonancia emocional e experiencia sensorial colectiva.




