top of page
AB_EDICION_24_MIGUEL_NASHIRA Y GUSTAVO_1.jpg

Nashira Santanatalia y Gustavo Giménez – VENERES

Residencia artística no MIHL do 29 de agosto ao 7 de setembro de 2024. 
Mostra: 6 de setembro en Museo MIHL de Lugo.


A peza está inspirada nos gravados de Katia Acín (Gran muller e Maternidades 1997-2004) que consiste nunha serie de bosquexos improvisados, navegando entre o son, movemento e espazo. Queremos seguir a nosa procura acerca da musicalidade do movemento e a fisicalidad do son para seguir desenvolvendo unha práctica conxunta onde existe un intercambio entre a danza, a música e a tecnoloxía.

Esta peza é unha investigación dos límites dun mesmo e o esforzo para atopar alivio, existe unha obsesiva procura do equilibrio. A peza esta baseada na improvisación e material fixado  interactuando  co  son  creado  por  Gustavo  e  o  espazo,  dando  forma a unha  cadea  de eleccións dentro da composición improvisada entre o músico, bailarina e espazo.

bottom of page