top of page
DOBLES 4 DSC_44772.jpg

María Ganzaráin & Teresa
Magallon

DOBLES

Residencia artística no Taller Nacional de Danza – Costa Rica do 3 ao 14 de novembro de 2025.
Mostra aberta: 14 de novembro de 2025 no Taller Nacional de Danza – Costa Rica.
COMPAÑÍA SELECCIONADA PARA O INTERCAMBIO LUGO-COSTA RICA


En DOBLES proponse unha exploración profunda da unidade e da interdependencia desde unha perspectiva filosófica, emocional e lúdica.
Na proposta, a conexión entre os corpos simboliza a colaboración, o acompañamento e a confianza necesarias para co-existir e, ao mesmo tempo, xera preguntas sobre a perda ou fusión da identidade.

Que é real e que é copia? Que é ou non extensión dunha mesma? Onde queda a vontade individual fronte á conexión coa outra?
Neste proceso investígase a través de referencias como o eco, a simetría e a dualidade, e cuestiona que significa ser parte dun todo, confrontando con ideas de fusión e alienación, do íntimo e do transcendental.
Tamén se busca transformar o escenario nun espazo onde o filosófico se entrelaza co popular, o emocional co grotesco e o abstracto co cotián.

bottom of page