top of page

Jessica
Castellón &
Boris Orihuela
–
NI FU NI FA
Residencia artística no MIHL do 30 de outubro ao 8 de novembro de 2025.
Mostra aberta: 5 de novembro de 2025 no Museo MIHL.
NI FU NI FA é unha peza en proceso que investiga o cruzamento entre o tradicional e o contemporáneo. Buscamos esa conexión nas rúas: entre as danzas urbanas e o flamenco, dende o agora ata aquilo que nos precede. Partimos das nosas raíces en Cádiz para escarvar na memoria persoal e colectiva, e atopar unha linguaxe física que fale tanto de tablao como de asfalto.

bottom of page

