top of page
LABOXL7-IMG_39492.jpg

Fran
Sieira

BENQUERER

Residencia artística en Gipuzkoako Dantzagunea do 6 ao 13 de novembro de 2025.
Mostra: 13 de novembro de 2025 no festival LaboXL 2025.
COMPAÑÍA SELECCIONADA PARA O INTERCAMBIO LUGO-DONOSTIA


BenQuerer pretende ser o primeiro espectáculo unipersoal da compañía. Unha peza íntima na que Fran Sieira, como creador e intérprete, amosará a súa forma de entender o movemento a partir do reflexo da tradición.
“Querer”, “benquerer” ou “quererse ben” son algúns dos termos que definen este proceso de investigación, nunha busca centrada no autocuidado emocional, coa que Fran Sieira iniciará a creación do seu primeiro solo de danza.

bottom of page