SABELA
MENDOZA
-
DOBREZ
Residencia artística no MIHL do 27 de xuño ao 3 de xullo de 2022.
Mostra aberta: 3 de xullo de 2022 no Museo MIHL.
Obradoiro: 29 de xuño de 2022 no Museo MIHL.
“DOBREZ” é unha investigación sobre o encartado, sobre o xesto propio do acto de gardar, de atesourar, de envolver. As dobleces están porque hai un xesto que as crea (un xesto deformante, ou creador, segundo mírese); modelan as cousas dándolles outra forma, encartándoas. Permiten o recubrimento, o silencio da vista. A envoltura que aparece tras a doblez aproxima as cousas: varios obxectos ou corpo cubertos co mesmo tecido ou papel, por exemplo, gañan semellanza. Pero a envoltura sempre deixa intuír a diferenza que se esconde tras a superficie común: ela mesma convida a imaxinar e esculcar. Traslada esa tensión ao que está semioculto: o desexo de saber e, ao mesmo tempo, de manter o misterio.