top of page
AB_EDICION_22_LUCIAMAROTE_11.jpg

Lucía Marote
-
LA ZONA

Residencia artística no MIHL do 23 de setembro de 2022 ao 2 de outubro de 2022.
Mostra aberta: 1 de outubro de 2022 no Museo MIHL.

Vin ao MIHL a iniciar un proceso de procura ou máis ben de interrogación, porque non sei que é exactamente o que busco. Primeiro chameille entre, despois A Zona, despois a pel do tempo, antes de empezar xa o título foi mutando e creo que seguirá facéndoo. Neste proceso móvenme a incerteza e a desorientación. Motívame a idea de non saber, de acoller iso que outras veces evito en busca dunha seguridade aparente, e entregarme ao mutable. Inspíranme tamén a película Stalker de Andréi Tarkovski, onde existe un espazo chamado A Zona, onde todo cambia todo o tempo, así como ocorre dentro do meu corpo, e os escritos do escultor Eduardo Chillida. Todo se encamiña a estar entre o coñecido e o descoñecido, nin aquí nin alá, nesa zona de no medio, lonxe do certeiro. Chillida di “máis vale cento voando que paxaro en man”. O único que sabía é que quería traballar esta vez coa miña cámara de vídeo e un proxector, e iso é o que estou a facer aquí esta semana. Na mostra vou compartir un pouco do que foi aparecendo, lonxe aínda de ter unha forma definitiva, pois este proceso ten moito camiño por diante para mutar e transformarse e transformarme.

bottom of page