top of page
tela arrugada

Alba Fernández Cotelo
– MONTE

Residencia artística no MIHL do 16 de setembro ao 22 de setembro de 2024. 
Taller: 20 de setembro de 2024 no Conservatorio de Danza de Lugo.


MONTE é un espectáculo de danza e teatro vinculado estreitamente á música, creado e interpretado por Alba Fernández Cotelo.
É un achegamento aos puntos en común que temos entre Galicia e Cuba, poñendo a énfase, por unha banda, na danza e a música, e por outra, na natureza, no feito “enxebre” e “natural” de ver a vida. Todo isto desde a visión híbrida dunha muller na procura da “outra parte” de si mesma. Isto é, crearemos a ficción entre dous mundos, entre dúas culturas.
É unha muller que ben puido vivir a emigración de ida e volta. É unha muller forte e sabia, que coñece todos os segredos do MONTE e viño do mar.
Coñece todas as herbas, todas as lendas e os brebaxes, e mantén unha forte conexión coa terra, cos tambores, coa voz e coa clave.

bottom of page